sábado, 4 de febrero de 2017

MODIFICACIÓN PRÁCTICA LABORATORIO

IMAXE CUADRÍCULA EVIDENCIAS 1

IMAXE CUADRÍCULA EVIDENCIAS 2


EXPERIENCIA GOMINOLAS
CUESTIÓN  GUÍA
 VARÍA O TAMAÑO DAS GOMINOLAS AO ENGADIRLLES AUGA?

HIPÓTESE
XUSTIFICACIÓN DA EVIDENCIA


Na clase xurdiron dúas hipóteses:

a.-Os que afirmaban que se farían máis grandes


b.-Os que afirmaban que se farían máis pequeñas porque romperían e se desfarían


A xelatina é un coláxeno que:

a.- Ten capacidade para incharse.

b.-Ao poñela en contacto cun líquido o absorbe.

c.-Absorve auga  hasta formar unha especie de xel cristalino pero non chega a disolverse.





EVIDENCIA









INFORME DA EXPERIENCIA “GOMINOLAS”
                                                                                        
A experiencia desenvolvina co meu grupo de 4ª de Primaria. Estas están sendo as primeiras experiencias dos meus alumnos coa ciencia polo que a expectación e a predisposición é fantástica. Esta é unha das fortalezas dos meus alumnos. As debilidades que observeis foron:
-  Dificultades nas medicións xa que teñen que contabilizar milímetros.
-  Dificultades para traballar cos osiños mollados porque esvaran e a medición faise dificultosa.
- A impaciencia ( as cousas caen, rodan,…)
OS MATERIAIS empregados son os establecidos agás os vasos que pedinlles que os trouxeran da casa (vidro) para que observaran o osiño  dende todos os puntos e aprobeitar a experiencia para que comprobaran a refracción da luz introducindo o boli no vaso con auga.
A)  Que pregunta estás a tentar responder e por que?
1.-A CUESTIÓN DE PARTIDA:
VARÍA O TAMAÑO DAS GOMINOLAS AO ENGADIRLLES AUGA?
A pregunta pretende que os rapaces coñezan de xeito experimental o concepto de ósmose (máis axeitado para o alumnado de secundaria) para comprender o que está a ocorrer.
2.-FORMULACIÓN DE HIPÓTESES OU ANTICIPACIÓN DE POSIBLES RESPOSTAS
A resposta dividiuse:
a.-Os que afirmaban que se farían máis grandes como as esponxas cando se meten en auga.
b.-Os que afirmaban que se farían máis pequeñas porque romperían e se desfarían.
B) Que fixeches durante a túa investigación e por que?
3.-PLANIFICACIÓN E INVESTIGACIÓN
Cada alumno dispuxo dos materiais axeitados( vaso, auga, regra, folla para apuntar, cronómetro, medidor en ml…). O  tempo o contabiliza a súa mestra para que non haxa diferenzas entre os grupos. Entre todos decidiron facer medicións cada 10 minutos hasta os  50 minutos e despois deixalo áta os 75 minutos ( é a duración dunha sesión na aula e por tanto cando podemos controlar o tempo axeitadamente).
Cada neno tivo unha folla para ir apuntando as medicións e logo comparar os resultados dentro do grupo. Trátase de promover o diálogo, o intercambio de información e o consenso para chegar a unha conclusión común. Para desenvolver esta actividade, ademáis cada grupo contou cunha plantilla na que plasmaron as conclusións finais e que compartiron cos outros grupos.
Na plantilla inclúo A COMPOSICIÓN porque é ahí donde aparece como compoñente a xelatina sobre a que foi necesario buscar información. Tamén permítiume retomar e recordar a unidade en que demos a nutrición e na que aparecía a necesidade de reducir o consumo de azúcar e ter en conta os conservantes. Traballamos novamente e facemos fincapé na necesidade de ler a información nutricional e componentes dos alimentos

PLANTILLA DE OBSERVACIÓN , RECOLLIDA DE DATOS E CONCLUSIÓNS

OSIÑO SEN  AZUCAR  HARIBO
LONXITUDE INICIAL( ml)


LONXITUDE AOS 10 MIN.


LONXITUDE AOS 20 MIN.


LONXITUDE AOS 30 MIN.


LONXITUDE AOS  40 MIN


LONXITUDE AOS 50 MIN.


LONXITUDE  ENTRE  50-75 MIN




COMPOSICIÓN

OSIÑOS SEN AZUCAR HARIBO
                              





CONCLUSIÓN
OSIÑOS SEN AZÚCAR HARIBO









                                                                                                                





C)  Cal é o teu argumento?
4.-INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS
  

5.-XUSTIFICACIÓN DA EVIDENCIA
Buscamos información sobre as características da xelatina na rede e atopamos que ten:
a.-Capacidade para incharse.
b.-Ao poñela en contacto cun líquido o absorbe.
Estas dúas propiedades vemos que se cumplen no noso experimento : o osiño en contacto coa auga absorbe o líquido aumentando o seu volume e lonxitude ata que xa non pode absorver máis . Podemos comprobalo nas imaxes (o osiño máis grande mesmo perde parte da súa core cando xa non pode absorver máis auga., como se observa na imaxe superior).
Esta experiencia cos osiños serviume para retomar uns contidos da área de Ciencias Naturais xa tratados : os hábitos para unha dieta saudable, entre os que se atopa beber auga abondantemente para estar ben hidratados. Establezo un paralelismo entre os osiños e o comportamento das células do noso corpo. Esta necesitan que o medio conteña auga suficiente para que a través da súa membrana podan realizar os intercambios . Se a cantidade de auga no noso corpo é insuficiente, as células .estarían como os ositos antes de introducilos na agua: máis ríxidos, mái.pequenos
Outra referencia da que me servin foi lembrarlles por qué no ve rano precisamos dar moita crema no corpo : ademais de para non queimarnos, para manter a pel , por tanto as células que a constitúen, hidratadas. Por esa razón cando a pel está seca ( deshidratada) está áspera e pode chegar a descamar.
Outra experiencia que levei a cabo para acercar os rapaces ao mecanismo da ósmose , foi recortar os circuliños de certa marca de papel absorvente de cociña.Cun conta gotas deixamos caer un pouco de auga no perímetro dese círculo de papel e observamos de que xeito a auga ía pasando da mesa ao interior do papel.
6.-COMUNICACIÓN
Leváronse a cabo as roldas de argumentación. Compararon os datos das medicións e comprobaron que eran moi parecidas ou coincidentes . Todas as experiencias permitíronnos concluir que o tamaño das gominolas aumentaba ao sometelas a un proceso de hidratación e por tanto só unha das hipóteses era a correcta.
Propuxeron outra forma máis sinxela de representar os resultados das medicións : empregar as regletas de cores .
CONCLUSIÓNS FINAIS
-         Os rapaces estiveron motivadísimos
-         -Aproximáronse ao mundo da ciencia empregando os pasos do método científico
-         -Traballaron varias competencias: matemática, ciencia e tecnoloxía,aprender a aprender, lingüística, dixital, iniciativa e espíritu emprendedor…
        inesquecibles e As aprendizaxes foron significativas-

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada