TabletsNaAula
viernes, 17 de febrero de 2017
viernes, 10 de febrero de 2017
sábado, 4 de febrero de 2017
MODIFICACIÓN PRÁCTICA LABORATORIO
IMAXE CUADRÍCULA EVIDENCIAS 1 |
IMAXE CUADRÍCULA EVIDENCIAS 2 |
EXPERIENCIA GOMINOLAS
CUESTIÓN GUÍA
|
VARÍA O TAMAÑO DAS GOMINOLAS AO
ENGADIRLLES AUGA?
|
HIPÓTESE
|
XUSTIFICACIÓN DA
EVIDENCIA
|
Na
clase xurdiron dúas hipóteses:
a.-Os
que afirmaban que se farían máis grandes
b.-Os
que afirmaban que se farían máis pequeñas porque romperían e se desfarían
|
A xelatina é un coláxeno que:
a.-
Ten capacidade para incharse.
b.-Ao
poñela en contacto cun líquido o absorbe.
c.-Absorve
auga hasta formar unha especie de xel
cristalino pero non chega a disolverse.
|
EVIDENCIA
|
|
INFORME DA EXPERIENCIA
“GOMINOLAS”
A
experiencia desenvolvina co meu grupo de 4ª de Primaria. Estas están sendo as
primeiras experiencias dos meus alumnos coa ciencia polo que a expectación e a
predisposición é fantástica. Esta é unha das fortalezas dos meus alumnos. As debilidades que observeis foron:
-
Dificultades nas medicións xa que teñen que
contabilizar milímetros.
-
Dificultades para traballar cos osiños
mollados porque esvaran e a medición faise dificultosa.
- A impaciencia
( as cousas caen, rodan,…)
OS MATERIAIS empregados son os establecidos agás
os vasos que pedinlles que os trouxeran da casa (vidro) para que observaran o
osiño dende todos os puntos e aprobeitar
a experiencia para que comprobaran a refracción da luz introducindo o boli no
vaso con auga.
A) Que pregunta estás a tentar responder e por
que?
1.-A CUESTIÓN DE PARTIDA:
VARÍA O
TAMAÑO DAS GOMINOLAS AO ENGADIRLLES AUGA?
A pregunta
pretende que os rapaces coñezan de xeito experimental o concepto de ósmose (máis
axeitado para o alumnado de secundaria) para comprender o que está a ocorrer.
2.-FORMULACIÓN DE HIPÓTESES OU
ANTICIPACIÓN DE POSIBLES RESPOSTAS
A resposta
dividiuse:
a.-Os que
afirmaban que se farían máis grandes como as esponxas cando se meten en auga.
b.-Os que
afirmaban que se farían máis pequeñas porque romperían e se desfarían.
B) Que fixeches
durante a túa investigación e por que?
3.-PLANIFICACIÓN E INVESTIGACIÓN
Cada alumno
dispuxo dos materiais axeitados( vaso, auga, regra, folla para apuntar,
cronómetro, medidor en ml…). O tempo o
contabiliza a súa mestra para que non haxa diferenzas entre os grupos. Entre
todos decidiron facer medicións cada 10 minutos hasta os 50 minutos e despois deixalo áta os 75
minutos ( é a duración dunha sesión na aula e por tanto cando podemos controlar
o tempo axeitadamente).
Cada neno tivo
unha folla para ir apuntando as medicións e logo comparar os resultados dentro
do grupo. Trátase de promover o diálogo, o intercambio de información e o
consenso para chegar a unha conclusión común. Para desenvolver esta actividade,
ademáis cada grupo contou cunha plantilla na que plasmaron as conclusións
finais e que compartiron cos outros grupos.
Na plantilla
inclúo A COMPOSICIÓN porque é ahí donde aparece como compoñente a xelatina
sobre a que foi necesario buscar información. Tamén permítiume retomar e
recordar a unidade en que demos a nutrición e na que aparecía a necesidade de
reducir o consumo de azúcar e ter en conta os conservantes. Traballamos
novamente e facemos fincapé na necesidade de ler a información nutricional e
componentes dos alimentos
OSIÑO SEN
AZUCAR HARIBO
|
|
LONXITUDE
INICIAL( ml)
|
|
LONXITUDE AOS 10 MIN.
|
|
LONXITUDE AOS 20 MIN.
|
|
LONXITUDE AOS 30 MIN.
|
|
LONXITUDE AOS 40 MIN
|
|
LONXITUDE AOS 50 MIN.
|
|
LONXITUDE ENTRE
50-75 MIN
|
COMPOSICIÓN
|
OSIÑOS SEN AZUCAR HARIBO
|
CONCLUSIÓN
|
OSIÑOS SEN AZÚCAR HARIBO
|
C) Cal é o teu argumento?
4.-INTERPRETACIÓN DOS RESULTADOS
5.-XUSTIFICACIÓN DA EVIDENCIA
Buscamos
información sobre as características da xelatina na rede e atopamos que ten:
a.-Capacidade
para incharse.
b.-Ao poñela
en contacto cun líquido o absorbe.
Estas dúas
propiedades vemos que se cumplen no noso experimento : o osiño en contacto coa
auga absorbe o líquido aumentando o seu volume e lonxitude ata que xa non pode
absorver máis . Podemos comprobalo nas imaxes (o osiño máis grande mesmo perde
parte da súa core cando xa non pode absorver máis auga., como se observa na
imaxe superior).
Esta
experiencia cos osiños serviume para retomar uns contidos da área de Ciencias
Naturais xa tratados : os hábitos para unha dieta saudable, entre os que se
atopa beber auga abondantemente para estar ben hidratados. Establezo un
paralelismo entre os osiños e o comportamento das células do noso corpo. Esta necesitan
que o medio conteña auga suficiente para que a través da súa membrana podan
realizar os intercambios . Se a cantidade de auga no noso corpo é insuficiente,
as células .estarían
como os ositos antes de introducilos na agua: máis ríxidos, mái.pequenos…
Outra
referencia da que me servin foi lembrarlles por qué no ve rano precisamos dar
moita crema no corpo : ademais de para non queimarnos, para manter a pel , por
tanto as células que a constitúen, hidratadas. Por esa razón cando a pel está
seca ( deshidratada) está áspera e pode chegar a descamar.
Outra
experiencia que levei a cabo para acercar os rapaces ao mecanismo da ósmose , foi
recortar os circuliños de certa marca de papel absorvente de cociña.Cun conta
gotas deixamos caer un pouco de auga no perímetro dese círculo de papel e
observamos de que xeito a auga ía pasando da mesa ao interior do papel.
6.-COMUNICACIÓN
Leváronse a cabo as roldas de argumentación.
Compararon os datos das medicións e comprobaron que eran moi parecidas ou
coincidentes . Todas as experiencias permitíronnos concluir que o tamaño das
gominolas aumentaba ao sometelas a un proceso de hidratación e por tanto só
unha das hipóteses era a correcta.
Propuxeron
outra forma máis sinxela de representar os resultados das medicións : empregar
as regletas de cores .
CONCLUSIÓNS FINAIS
-
Os rapaces
estiveron motivadísimos
-
-Aproximáronse
ao mundo da ciencia empregando os pasos do método científico
-
-Traballaron
varias competencias: matemática, ciencia e tecnoloxía,aprender a aprender,
lingüística, dixital, iniciativa e espíritu emprendedor…
inesquecibles
e As aprendizaxes foron significativas-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)