jueves, 19 de enero de 2017

REFLEXIÓN SOBRE O CURSO DE INDAGACIÓN

A razón da elección deste curso é o interés e a miña preferencia persoal polas ciencias. Eu tiven a fortuna de aprender ciencias en laboratorio desde a  EXB. Os colexios tiñan laboratorio e para nós era un lugar e un espazo de aprendizaxe máis.Antes de chegar ó instituto para facer bacharelato xa fixera diseccións nos corazóns de polos, xa comprobaramos o magnetismo e os efectos dos campos magnéticos, xa construira circuitos eléctricos... Todo esto perdeuse. Ainda hai colexios, como no que estou, que dispon do espazo dun antigo laboratorio pero non se usa. Hai que recuperar espazos e xeitos de aprender que quedaron esquecidos pero que desde sempre funcionaron.
Sempre que tiven oportunidade levei a cabo experiencias sinxelas para que os rapaces comproben de xeito experimental aquelo que o currículo esixe. Manexaron ferramentas, fixeron anotacións, especulamos causas e efectos, buscamos información ata chegar a comprobación das conclusións. A miña experiencia sempre foi satisfactoria e para os rapaces experiencias e aprendizaxes inolvidables.
Partindo das miñas experiencias o que espero do curso e disfrutar aprendendo de todos, tutores e compañeiros de curso.
Finalmente lembrar que nos plantexamentos das actividades se teña en conta que o curso tamén está dirixido a mestres de  Primaria porque polas presentación semella que a meirande parte dos profesores/as son de Secundaria e Bacharelato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada